domingo, 27 de octubre de 2013

REMATE DO CURSO 2012-13 E COMENZO DO 2013-14

REMATE DE CURSO 

Despois dun derradeiro mes máis que trepidante, por fin poidemos estrear a nosa obra de remate de curso. Ante todo, moitas grazas ás alumnas e alumnos que, a pesar de atoparse en plenos exames finais, fixeron un bó esforzo e botaron todas as gañas do mundo nos derradeiros ensaios. A misión non era doada: unha obra de corte dramático nunca o é. Dun xeito especial quixera destacar a participación dun rapaz que non garda relación algunha có instituto, pero que en menos dunha semán estudou o papel protagonista e deixounos, sobre o escenario, unha mostra da enorme calidade que ten como actor (como persoa aínda é millor): David Grandal.

Asemesmo, quixera destacar o bó comportamento do público asistente, a maioría alumnado de 4º da ESO, xa que seguiron moi atentamente o desenvolvemento da obra e superon premiar aos actores e actrices cunha pechada ovación ao remate da representación.

Finalmente o meu agradacemento ao centro, especialmente a Don Luis, Ana Gago e Teresa Blanco por todo o apoio na labor en prol do teatro no centro.

Non quixera rematar estas liñas sen ter unha lembraza especial para dúas rapazas que levan moitos anos xogando xunta mín, nesta tolería maravillosa que é o teatro, e que por mor de rematar os seus estudos de bacharelato, están xa fora de Vigo: Mairea Irisarri e Paloma Portela. Como di o noso lema: "O bó que un día fixemos xuntos, sempre ficará". Moitas grazas polos bós momentos que vivimos xuntos. Quérovos.
 
Adxuntamos algunhas fotos para a posterioridade. 







INICIO DO CURSO 2013-14

Pero a pesar das ausencias, ás que tamén temos que engadir a Borja, que está a vivir unha aventura made in USA neste curso, afortunadamente chegou savia nova á nosa aula de teatro. Unha nova xeración de actores e actrices, moi novos, que poden ser a base deste grupo durante moitos anos. Esperamos construir sobre eles unha nova xeración que sega a levarnos ao éxito escénico e, sobre todo, persoal. Elas e eles son: Xarmila, Andrea, Aida, Brais e Tomás, que xunto as veteranas Aldara, Carla e Iria, forman o noso plantel deste curso. Estamos á espera de que cheguen algúns reforzos máis, uns de xente veterana (como María e Rosalía) e outros de xente nova. Os que queirades embarcar, aínda temos postos valeiros na nosa tripulación. 
Só desexar que seades moi ledos en teatro e que este vos aporte todo o que leva dentro, que é moito.
Tripulación, adiante, a toda máquina!!!   

lunes, 29 de abril de 2013

FIN DE CURSO 2012-13

Ola.
Despois dun longo silencio imos informar, dende este foro, do noso proxecto cara ao remate do curso 2012-13. Non foi doado acadar unha decisión final. Polo camiño foron quedando outras ideas ata chegar a unha dobre proposta:
Dunha banda, unha das obras mais famosas dun dos grandes dramaturgos da literatura castelá do século vinte: Alejandro Casona. Nesta ocasión o texto a representar será “La barca sin pescador”, unha obra de corte dramático, con final feliz.
Dado que a obra ten un reparto desigual, imos completar a oferta cunha obra curta, orixinal de David Planas e adaptada por min, de carácter cómico, a que lle chamamos “Los Casting Infantiles”. É unha crítica a este tipo de eventos, tan de moda nos derradeiros tempos, e as frustracións dos pais que intentan reverter nos seus fillos.

Na primeira delas, o reparto previsto será o seguinte:

RICARDO: Javier.
ENRIQUETA: Carla.
JUANA: Laura.
BANQUERA: Aldara.
CONSEJERO: Borja.
CABALLERO NEGRO: María.
ABUELA: Paloma.
FRIDA: Iria.
MARKO: Borja.
ESTELA: Mairea.

Na segunda as nais dos nenos serán: ALDARA, CARLA e LAURA. Pola súa banda, os nen@s estarán interpretados por BORJA, JAVIER ou IRIA e MARÍA.

A representación das dúas obras terá lugar cara ao remate do curso, despois das probas da selectividade. De iso seredes puntualmente informados.
Moito ánimos aos actores e actrices, porque quédalles por diante unha boa dose de traballo.  

domingo, 25 de noviembre de 2012

EL ADIÓS DE DOS GRANDES ARTISTAS.
En la recta final de este mes de noviembre, y casi de este año 2012, se nos han ido dos de los grandes artistas que aún estabn entre nosotros. Hace una semana fue Emilio Alberto Aragón Bermúdez, más conocido como Miliki, y en este fin de semana nos dijo adiós Ignacio Fernández Sánchez, nombre que no dice nada si no se acompaña de su apelativo artístico: Tony Leblanc. 
El primero, fue un artista de los pies a la cabeza: payaso, escritor, actor y músico. Casi nada.
El segundo, fue uno de los grandes de la interpretación, especialmente en su faceta cómica. 
Ambos han hecho una de las cosas más grandes que puede hacer un ser humano: llevar la felicidad y la alegría a todos sus semejantes. Podas cosas más importantes se pueden hacer en la vida.  
Del primero nos quedarán para siempre muchos recuerdos, pero sobre todo, sus canciones. Hace escasamente unos días, en las celebraciones de la Niña María, pusimos la canción de "Susanita tiene un ratón", y fue muy emocionante el ver como un grupo de niñas y niños entre los 8 y los 12 años, cantaban toda la letra. Esto es lo que se llama trascender de forma multigeneracional. 
Tony perteneció a esa gran estirpe, desgraciadamente casi extinta, de CÓMICOS, así, con mayúscula, que dignificaron la profesión desde los años cuarenta hasta nuestros días. Nunca me cansaré de recordar y exaltar la enorme calidad de todos ellos y como, cuando dejaron de hacer cine y papeles comerciales, demostraron su buen hacer interpretativo en papeles de diverso pelaje y marcada dificultad. Todos ellos comenzaron en el teatro y en los espectáculos de variedades. Pisando escenarios día tras día y empezando desde abajo, el llamado meritoriaje, hasta los papeles protagonistas. Ninguno de ello tuvo más escuela que el enfrentarse a todo tipo de públicos en directo. Buena nota de ello deberían tomar estas nuevas generaciones de actores y actrices, que pisarán muchas escuelas de arte dramático y harán mucho cine y televisión, pero que escapan de las tablas de los escenarios, porque les vienen grandes. 
Pero además de todo su currículum artístico, el cual ocuparía demasiado espacio en este blog, quiero destacar su calidad humana. El cariño demostrado por sus compañeros de profesión y las gentes de las calles así lo demuestran. 
Que la maravillosa senda marcada por ambos, nos sirva de ejemplo a todos. 
Hasta siempre, MAESTROS.




- Exposición de escenas de interpretación entregadas.
- Visionado de obra musical. 

domingo, 18 de noviembre de 2012

CANDO UN AMIGO SE VAI.



O pasado martes, para máis martes e trece, fixemos a despedida dun dos nosos actores e, por enriba de todo, amigo: Miguel Ángel Gil. Fóísenos para a súa terra: Valencia, que prestáranolo dende o principio do curso pasado.
Durante ese ano de convivencia, atopamos en Miguel a unha gran persoa e a un bo actor. Este ano, en plena confirmación do noso grupo como unha realidade, as circunstancias do destino afástano de nós.
Dedicamos unha boa parte do tempo da clase, a facerlle unha sinxela pero sentida homenaxe. Por alí pasaron textos –destacando especialmente as dúas poesías que lle fixo Aldara-, cancións, play-backs, e, sobre todo, a nosa gratitude polos bos intres compartidos.   
Só desexamos que non se esqueza da xente do grupo de teatro que aquí tivemos o pracer de gozar da súa compaña durante estes meses:  Germán, Alba, Elena, Javier, Paloma, Alejandra, Carla, María, Borja, Mairea, Laura, Aldara y Willy.
Con nós quedarán, para a historia, as súas sete representacións. Pero para os nosos corazón, ficará sempre o seu recordo.


Boa viaxe e ata sempre, compañeiro.     

E como remate, a letra dunha canción de Alberto Cortez. Espero que sexa do teu agrado. Por certo, como atención especial, vou poñela en castelán.

CUANDO UN AMIGO SE VA. 


Cuando un amigo se va
queda un espacio vacío,
que no lo puede llenar
la llegada de otro amigo.
Cuando un amigo se va,
queda un tizón encendido
que no se puede apagar
ni con las aguas de un río.
Cuando un amigo se va,
una estrella se ha perdido,
la que ilumina el lugar
donde hay un niño dormido.
Cuando un amigo se va
se detienen los caminos
y se empieza a rebelar,
el duende manso del vino.
Cuando un amigo se va
galopando su destino,
empieza el alma a vibrar
porque se llena de frío.
Cuando un amigo se va,
queda un terreno baldío
que quiere el tiempo llenar
con las piedras del hastío.
Cuando un amigo se va,
se queda un árbol caído
que ya no vuelve a brotar
porque el viento lo ha vencido.
Cuando un amigo se va,
queda un espacio vacío,
que no lo puede llenar
la llegada de otro amigo.

domingo, 21 de octubre de 2012

PLAN DE TRABAJO MARTES 23 OCTUBRE

Para esta semán temos as seguintes tarefas pendentes.

- Representación das escenas das que tendes o guión. Por favor, preparádelas ben, se non o exercicio non serve de nada. Grazas.
- Imos facer unha nova "toma" do xogo dos personaxes fora de situación. Desta volta cada un representara o personaxe que elixa. Importante: non vale face-lo mesmo personaxe da outra semana e tedes que traelo pensado xa de casa.
- Traballaremos cunha letra dunha canción e a representaremos dun xeito distinto do que estaba pensado.
- Lembrade que temos que procurar algo para "O día do amor".

Veña, e como dicía Bottom, personaxe maravilloso de "O soño dunha noite de verán": "Doaros algún traballo: sede perfectos".

Vémonos.
 

domingo, 14 de octubre de 2012

XA VOLTAMOS!

Xa voltamos de novo co noso traballo na aula de teatro Rosais 2. Este ano somos dez, polo tanto aumentamos dous pesonas con relación ó curso pasado. Dos oitro que éramos, dous xa non están: Alba, que foise cara o Instituto de Coia a facer bacharelato artístico; e Elena, a quen as súas ocupacións musicais non lle deixan tempo para estar con nós. Unha mágoa, pero é lei de vida. A ámbalas dúas desexámoslles moita sorte e que lles quede craro que esta porta sempre estará aberta para elas. 
Pola contra chegaron catro novos reforzos: Aldara, Iria, Laura e Mairea, todas elas xa con experiencia teatral. Queremos aproveitar para darlles a benvida en público.
Estamos aínda comezando co traballo, pero a cousa promete moito.
En sucesivas entregas seguiremos informando das cousas que facemos.
Bó curso, compañeir@s.
 
  

jueves, 13 de septiembre de 2012

A PIQUES DE SUBIR OUTRA VEZ O PANO.



A vindeira semana vai comezar un novo curso escolar. Será o noso segundo curso, ou iso esperamos, levando adiante a actividade de teatro. Onte pola tarde, no acto de benvida ós nov@s alumn@s, fixemos dúas actuacións dun dos sckechts da obra do curso pasado. Unha delas tivo como público asistente @s propi@s nen@s e a outra ás nais e pais que viñeron o centro.
Quedamos satisfeitos do resultado acadado, aínda que pensamos que, tal vez polo contido do sckechts, tivo mellor acollida a representación dos maiores. Quero agradecer a presenza dos actores e actrices que fixeron posible a representación, xa que perderon unha tarde de vacacións (e unha das derradeiras, que son as que máis doe perder) para que poideramos presentar a actividade @s nov@s alumn@s do instituto, confiando en que eles sexan o futuro deste aula teatral.  Elas e eles foron: María, Alejandra, Borja, Miguel Ángel e Iria (que fixo o seu debut no instituto como actriz). Tamén agradecerlle a don Luis que siga contando con nós para este tipo de actos.
Cara ó curso que ven, non haberá novidades nin en horarios (martes de 15,30 a 17,30), nin en prezo. Para máis información, o vindeiro martes, 18 de setembro, ás 16,30, teremos a xuntanza informativa da actividade.
E para rematar esta primeira entrada do ano, lembrar que o ano pasado fixemos SETE representacións, e que o ranking (estas cousas a min encántanme) é o seguinte:

Con 7 representacións: BORJA, MARÍA e MIGUEL ÁNGEL (orde alfabético, para que non haxa dúbidas).
Con 5 representacións: CARLA, ELENA, JAVIER e PALOMA.
Con 4 representacións: ALEJANDRA.
Con 2 representacións: ALBA e IRIA.
Con 1 representación: IRENE.

Nada máis. @s nov@s animádeos a facer teatro. Os veteranos, seguide ensinándome cousas. Moitas grazas a tod@s.