lunes, 29 de abril de 2013

FIN DE CURSO 2012-13

Ola.
Despois dun longo silencio imos informar, dende este foro, do noso proxecto cara ao remate do curso 2012-13. Non foi doado acadar unha decisión final. Polo camiño foron quedando outras ideas ata chegar a unha dobre proposta:
Dunha banda, unha das obras mais famosas dun dos grandes dramaturgos da literatura castelá do século vinte: Alejandro Casona. Nesta ocasión o texto a representar será “La barca sin pescador”, unha obra de corte dramático, con final feliz.
Dado que a obra ten un reparto desigual, imos completar a oferta cunha obra curta, orixinal de David Planas e adaptada por min, de carácter cómico, a que lle chamamos “Los Casting Infantiles”. É unha crítica a este tipo de eventos, tan de moda nos derradeiros tempos, e as frustracións dos pais que intentan reverter nos seus fillos.

Na primeira delas, o reparto previsto será o seguinte:

RICARDO: Javier.
ENRIQUETA: Carla.
JUANA: Laura.
BANQUERA: Aldara.
CONSEJERO: Borja.
CABALLERO NEGRO: María.
ABUELA: Paloma.
FRIDA: Iria.
MARKO: Borja.
ESTELA: Mairea.

Na segunda as nais dos nenos serán: ALDARA, CARLA e LAURA. Pola súa banda, os nen@s estarán interpretados por BORJA, JAVIER ou IRIA e MARÍA.

A representación das dúas obras terá lugar cara ao remate do curso, despois das probas da selectividade. De iso seredes puntualmente informados.
Moito ánimos aos actores e actrices, porque quédalles por diante unha boa dose de traballo.