domingo, 21 de octubre de 2012

PLAN DE TRABAJO MARTES 23 OCTUBRE

Para esta semán temos as seguintes tarefas pendentes.

- Representación das escenas das que tendes o guión. Por favor, preparádelas ben, se non o exercicio non serve de nada. Grazas.
- Imos facer unha nova "toma" do xogo dos personaxes fora de situación. Desta volta cada un representara o personaxe que elixa. Importante: non vale face-lo mesmo personaxe da outra semana e tedes que traelo pensado xa de casa.
- Traballaremos cunha letra dunha canción e a representaremos dun xeito distinto do que estaba pensado.
- Lembrade que temos que procurar algo para "O día do amor".

Veña, e como dicía Bottom, personaxe maravilloso de "O soño dunha noite de verán": "Doaros algún traballo: sede perfectos".

Vémonos.
 

domingo, 14 de octubre de 2012

XA VOLTAMOS!

Xa voltamos de novo co noso traballo na aula de teatro Rosais 2. Este ano somos dez, polo tanto aumentamos dous pesonas con relación ó curso pasado. Dos oitro que éramos, dous xa non están: Alba, que foise cara o Instituto de Coia a facer bacharelato artístico; e Elena, a quen as súas ocupacións musicais non lle deixan tempo para estar con nós. Unha mágoa, pero é lei de vida. A ámbalas dúas desexámoslles moita sorte e que lles quede craro que esta porta sempre estará aberta para elas. 
Pola contra chegaron catro novos reforzos: Aldara, Iria, Laura e Mairea, todas elas xa con experiencia teatral. Queremos aproveitar para darlles a benvida en público.
Estamos aínda comezando co traballo, pero a cousa promete moito.
En sucesivas entregas seguiremos informando das cousas que facemos.
Bó curso, compañeir@s.