jueves, 13 de septiembre de 2012

A PIQUES DE SUBIR OUTRA VEZ O PANO.



A vindeira semana vai comezar un novo curso escolar. Será o noso segundo curso, ou iso esperamos, levando adiante a actividade de teatro. Onte pola tarde, no acto de benvida ós nov@s alumn@s, fixemos dúas actuacións dun dos sckechts da obra do curso pasado. Unha delas tivo como público asistente @s propi@s nen@s e a outra ás nais e pais que viñeron o centro.
Quedamos satisfeitos do resultado acadado, aínda que pensamos que, tal vez polo contido do sckechts, tivo mellor acollida a representación dos maiores. Quero agradecer a presenza dos actores e actrices que fixeron posible a representación, xa que perderon unha tarde de vacacións (e unha das derradeiras, que son as que máis doe perder) para que poideramos presentar a actividade @s nov@s alumn@s do instituto, confiando en que eles sexan o futuro deste aula teatral.  Elas e eles foron: María, Alejandra, Borja, Miguel Ángel e Iria (que fixo o seu debut no instituto como actriz). Tamén agradecerlle a don Luis que siga contando con nós para este tipo de actos.
Cara ó curso que ven, non haberá novidades nin en horarios (martes de 15,30 a 17,30), nin en prezo. Para máis información, o vindeiro martes, 18 de setembro, ás 16,30, teremos a xuntanza informativa da actividade.
E para rematar esta primeira entrada do ano, lembrar que o ano pasado fixemos SETE representacións, e que o ranking (estas cousas a min encántanme) é o seguinte:

Con 7 representacións: BORJA, MARÍA e MIGUEL ÁNGEL (orde alfabético, para que non haxa dúbidas).
Con 5 representacións: CARLA, ELENA, JAVIER e PALOMA.
Con 4 representacións: ALEJANDRA.
Con 2 representacións: ALBA e IRIA.
Con 1 representación: IRENE.

Nada máis. @s nov@s animádeos a facer teatro. Os veteranos, seguide ensinándome cousas. Moitas grazas a tod@s.