domingo, 27 de octubre de 2013

REMATE DO CURSO 2012-13 E COMENZO DO 2013-14

REMATE DE CURSO 

Despois dun derradeiro mes máis que trepidante, por fin poidemos estrear a nosa obra de remate de curso. Ante todo, moitas grazas ás alumnas e alumnos que, a pesar de atoparse en plenos exames finais, fixeron un bó esforzo e botaron todas as gañas do mundo nos derradeiros ensaios. A misión non era doada: unha obra de corte dramático nunca o é. Dun xeito especial quixera destacar a participación dun rapaz que non garda relación algunha có instituto, pero que en menos dunha semán estudou o papel protagonista e deixounos, sobre o escenario, unha mostra da enorme calidade que ten como actor (como persoa aínda é millor): David Grandal.

Asemesmo, quixera destacar o bó comportamento do público asistente, a maioría alumnado de 4º da ESO, xa que seguiron moi atentamente o desenvolvemento da obra e superon premiar aos actores e actrices cunha pechada ovación ao remate da representación.

Finalmente o meu agradacemento ao centro, especialmente a Don Luis, Ana Gago e Teresa Blanco por todo o apoio na labor en prol do teatro no centro.

Non quixera rematar estas liñas sen ter unha lembraza especial para dúas rapazas que levan moitos anos xogando xunta mín, nesta tolería maravillosa que é o teatro, e que por mor de rematar os seus estudos de bacharelato, están xa fora de Vigo: Mairea Irisarri e Paloma Portela. Como di o noso lema: "O bó que un día fixemos xuntos, sempre ficará". Moitas grazas polos bós momentos que vivimos xuntos. Quérovos.
 
Adxuntamos algunhas fotos para a posterioridade. 







INICIO DO CURSO 2013-14

Pero a pesar das ausencias, ás que tamén temos que engadir a Borja, que está a vivir unha aventura made in USA neste curso, afortunadamente chegou savia nova á nosa aula de teatro. Unha nova xeración de actores e actrices, moi novos, que poden ser a base deste grupo durante moitos anos. Esperamos construir sobre eles unha nova xeración que sega a levarnos ao éxito escénico e, sobre todo, persoal. Elas e eles son: Xarmila, Andrea, Aida, Brais e Tomás, que xunto as veteranas Aldara, Carla e Iria, forman o noso plantel deste curso. Estamos á espera de que cheguen algúns reforzos máis, uns de xente veterana (como María e Rosalía) e outros de xente nova. Os que queirades embarcar, aínda temos postos valeiros na nosa tripulación. 
Só desexar que seades moi ledos en teatro e que este vos aporte todo o que leva dentro, que é moito.
Tripulación, adiante, a toda máquina!!!